Nesta ruta propómosche visitar A Ribeira Sacra, na que visitaremos mosteiros románicos e tamén a espectacular paisaxe natural que formou o maior afluyente do rio Miño nestas terras, "os Canóns" do Sil.

Pero antes faremos unha parada no noso camiño polas Terras de Trives e coñeceremos o legado que os romanos nos dejarón a través da Via Nova: "os cóbados de Larouco", a ponte do Bibei, ...

Xa en Castro Caldelas, como punto de partida, da nosa visita á Ribeira Sacra visitaremos o seu castelo e a continuación partiremos para coñecer algúns dos mosteiros que deron nome a esta zona limítrofe entre Ourense e Lugo: San Esteve de Rivas, San Pedro de Rocas, Sta Mª de Montederramo, Sta Cristina de Rivas, ... sempre paralelos ao rio Sil e aos seus "canóns"


Aquí enlazámosche a información turística necesaria para completar a túa visita a estas terras:









Ruta por Terras de Trives e a Ribeira Sacra
Video de A Ribeira Sacra