Concédesche 20 minutos? ... ese é o tempo que "non perderás" se realizas a ruta que che propomos: Oleiros.
Se gozastes dun baño, nas praias dos "franceses" ou a da "presa", pero queres gozar dunha maior tranquilidade sen o bulicio dos coches ou da multitude de bañistas que en ocasións enchen estas praias, Oleiros é o teu destino.
Saíndo de Prada pola estrada que vai á presa, a un 200 m e á túa esquerda tes o carreiro que che conducirá a este autentico paraíso que nos brinda o encoro.
Sendeirismo, un bo baño, unha tarde de pesca, subir ata o Castro de Alberguería, unha deliciosa merenda, ou simplemente relaxarche .... o que se che pase pola cabeza ... sempre rodeado de natureza.
Esta zona do encoro recibe o nome de Oleiros xa que está documentado que aquí había un pequeno núcleo de casas, non se sabe se era un pobo ou unha barriada de Albergueria (que se atopaba a escasos metros do destino desta ruta), pero desas casas non queda nada e descoñécese a súa localización exacta xa que desapareceu ao redor do ano 1.880. Coñece máis detalles de Oleiros, grazas ao excelente traballo realizado por Secundino Lorenzo.