Se Prada ten o seu Castro, por que non Alberguería?
Aproveita a túa visita a Oleiros para ascender a esas impresionantes penas que desde alí divisas.
Non hai un carreiro que che permita chegar pero cunha boa orientación e unha boa dose de calma e paciencia á hora de apartar a vexetación que irás atopando no teu ascenso chegarás eses "muros naturais" que forman esas enormes pedras ou "birlos" de granito.
Que atoparás?, surcos escavados nesas pedras, orificios rectangulares que descoñecemos con que fin.
Ruta a O Castro de Albergueria