Prada é un dos 29 pobos que configuran o concello da Veiga, na comarca de Valdeorras.

O noso pobo atópase sobre unha atalaia natural (a 918 m) entre o encoro, o canón do río Xares e miles de castiñeiros. Prada é unha aldea pequena pero con numerosas barriadas: As Pozas, A Corredoira, O Caneiro, O Campo, O Pacio, Outeiro, Hortos, O Fondo de Aldea, ...

Aínda que xa era unha parroquia do Arcebispado de Astorga no século X, pouco se coñece da súa historia máis antiga e onde xurdiron as súas primeiras casas. Quizais dalgún antigo castro celta? ..., pero podemos "sospeitar" que estas se construíron na zona máis cálida do pobo (Outeiro) xa que, como dato curioso, a entrada á igrexa de San Andrés está "dando as costas" ao actual acceso ao pobo.

Prada, por desgraza, é un pobo máis da xeografía española que durante gran parte do ano apenas ten veciños fóra dos períodos vacacionais, pero as xentes que nos visitan seguro que levan bo recordo de nós, grazas á fermosa paisaxe que nos rodea, a posibilidade de facer sendeirismo entre castiñeiros milenario, darse un baño no encoro e se se dá o día, unha boa pesca.

No ano 2.007, creouse a  Asociación Cultural de Prada como voz do pobo para dar a coñecer as necesidades da nosa aldea (enlace a la web de Prada de Isaac).

Invitámosche desde esta Web, a descubrir o noso pobo, Prada.

E goza deste paraíso que vos ofrecemos en terras do interior de Galicia.

Prada, unha aldea do Concello da Veiga na comarca de Valdeorras Ourense - Galicia
Video de o noso pobo, Prada.