E no momento de facer esta sección, recibimos esta máis que agradable noticia ....
Esperemos que todas as noticias desta sección sexan desta categoria
Nesta estrutura que o alcalde da Veiga salvou, vaise a edificar o Centro de Interpretación de Albergueria.
A presenza de "a piramide", cuxa función era moer as rocas e convertelas en formigón, na cabeceira da presa xa é história.
Realmente é necesaria unha reforma urxente do noso Santuario dado o estado no que se atopa o tellado de lousa (abaixo á túa dereita) por onde se filtra a auga da choiva e provoca humidades e gretas no interior do edificio.
Na imaxe de arriba (á esquerda, nas marxes superiores), podedes observar os efectos da humidade e das pingueiras.
Pero a restauración do templo non só debe acoutarse ao tellado e ás humidades, tamén en eliminar a capa de pintura que o "ultimo" sacerdote que residiu en Prada, "Don Arturo", aplico ao seu "gusto" e sen o permiso da comunidade, "tapando" os frescos que alí se podían contemplar, e desde logo, o acondicionamento das antigas dependencias dos peregrinos que rodean ao Santuario (abaixo á túa esquerda) e que actualmente ameazan a ruína.