Queres visitarnos? Propómosche 3 xeitos de chegar a Prada. Se vés desde:
- O Barco de Valdeorras, ir ata o pobo de Viloira, coller a OU-121. A 8 km atópase o único pobo polo camiño, Santigoso, e ascenderemos ata o alto da Portela desde onde se divisa o pobo, pero aínda que pareza que estamos moi preto deberemos bordear as ladeiras da Serra do Eixe e cruzar o Río Mao. Total 27 km.
- A Gudiña (A-52, saída 129), coller a OU-533 dirección Viana do Bolo. No alto do Covelo, dirección A Veiga e, unha vez no concello, 11 km de estrada local ata chegar a Prada. Total 48 km.
- Ourense, á altura da Rua de Petín, coller a OU-533 vía O Bolo e despois dirección Fornelos e San Pedro. Unha vez, divisado o encoro e cruzando a presa, chegamos ao noso destino. Total 26,5 km.
Ao Norte, centos e centos de castiñeiros (algúns milenarios); a figura omnipresente do Santuario do Cristo da Ascención; rio Mao (a 657 m) que discorre a súa viaxe ata a central eléctrica do encoro onde se unirá ao que queda do río Xares e ascendendo entre antigas viñas, o alto de Fiais a 1.343 m.
Ao Oeste, o alto da Peneda (983 m), onde entre unha arboleda atopámonos un antigo castro?, cuxa única muralla defensiva é a vertixinosa caída que ten o canón do rio Xares (a 685 m).
Ao Leste, o monte de Cobo e Lombo (1.525 m) no que se atopa o manancial que dá de beber ao pobo.
Zona rica en minerais ferrosos, na que os nosos avós atoparon ao sementar as súas terras de trigo e centeo, "residuos" de ferro, quizais, como conta a lenda, traballos de herrería en "A Peña do Ferro" de "vos mouros" que chegaron ata estas terras?.
Se nos visitas a través da estrada do Barco, verás os miles de piñeiros que moitos dos nosos avós e pais plantaron traballando para a antiga ICONA.
Ao Sur, o encoro (altitude media 861 m e baixo as súas augas Alberguería que estaba a 817 m) e a 11 km por estrada, a "capital do concello", A Veiga.
Prada, a 918 m de altura respecto ao nivel do mar, posúe unha excepcional vista panorámica. Tes un compás a man?, ? describímosche a contorna natural que rodea ao noso pobo: