O Concello da Veiga é un dos nove que configuran a Comarca de Valdeorras en Ourense, e o máis grande en extensión da provincia (en vermello a súa situación no mapa de Galicia), cun total de 290 km2 e 1.273 hab (INE 2.006).

Consta de 29 núcleos de poboación: A Veiga, Baños, Candeda, Cariacedo, Casdenodres, Castromao, Castromarigo, Coreixido, Corzos, Fachendosa, Edreira, Espiño, Lamalonga, Meda, Meixide, Ponche, Prada, Prado, Pradolongo, Requeixo, Riomao, San Fiz, San Lorenzo, Santa Cristina, Seoane, Valdín, Vilaboa, Vilanova, Xares e, tamén pola súa memoria, Alberguería.

Na sección Enlaces, invitámosche a coñecer algunhas destos pobos a través das súas www.

Cunha altitude media que supera os 1.000 metros, o concello da Veiga mostra un relevo vertebrado por serras e moldeado pola acción de antigos glaciares e actuais cursos fluviais. As serras que conforman esta morfología do terreo son ao sur, San Lorenzo (A Gonza 1296 m), Calva (A Corraliza 1661 m) e Segundeira (Alto do Torno 1942 m) e ao norte, Serra do Eixe (Pico Malouro 1957 m e Pena Trevinca 2124 m, ?teito de Galicia e punto límite entre León, Ourense e Zamora).

Destas serras descenden regatos e ríos, moi encaixados nos seus primeiros tramos e con gran forza erosiva que orixinan vales estreitos. As fortes pendentes suavízanse na zona central do Concello, onde o río Xares , no seu camiño facía os ríos Bibei e Sil, queda estancado nos encoros de Prada e de Santa Baia.

O clima continental da zona, leva a ter duros invernos con neves e baixas temperaturas (2ºC en xaneiro), veráns frescos (16,5ºC xullo-agosto) e baixas precipitacións (1057 mm).

Desde o Concello (988 350 000) e en particular desde a Oficina de Turismo (988 350 130,) facilitaranvos toda a información necesaria sobre as visitas e rutas a realizar nesta zona ourensá. E recordar que todos os 9, 17 e 29 de cada mes celébrase na Veiga unha feira na que a parte de comprar o que necesitedes tamén poderedes degustar un bo ?polbo a feira?

Das pasadas eleccións municipais, xurdiu a nova corporación municipal encabezada polo Sr. Fernando Fernandez (natural de Casdenodres) nunha coalición PSG-Independentes.

Esperamos que esta renovación do Concello, achegue aires novos para estas terras, en concepto de máis infraestruturas, potenciar o turismo de todo o concello, e que leven a cabo melloras na rede de estradas, ...


O Concello de A Veiga
 
 
 
 
Web do Concello de A Veiga
Escudo de A Veiga
Situación do Concello