Prada e a súa contorna, ata a comarca de Valdeorras, non podería entenderse hoxe en día sen un ano, 1.958 e unha data, 15/9/61
A bela paisaxe do encoro de Prada que verá o viaxeiro ao percorrer estas terras do concello da Veiga, esconde nas súas entrañas, un pobo que foi sacrificado polo ben do progreso, ALBERGUERIA.
Cremos que Alberguería, merece un apartado especial nesta web, non só pola "herdanza" de paisaxe natural que nos deixaron senón tamén porque eran os nosos veciños máis próximos (moitos deles acabaron residindo en Prada, tras o encoro), compartindo historias, terreos, gañado, ... e moitas penas e alegrías xuntos ...
Alberguería, o que foi un dos pobos máis prósperos da Veiga, desapareceu fisicamente afogado polas augas do río Xares, o mesmo río que durante tantos anos navegou baixo as súas pontes, regou os seus prados e hortas e fixo que fose un dos primeiros pobos con luz eléctrica do concello (grazas a unha pequena central)
O Xares, encerrado nun muro de pedras e formigón, foi devorando as casas e terras de Alberguería, e obrigou aos seus habitantes a abandonar os seus fogares e a instalarse nos pobos contiguos ou a emigrar, en moitos casos, alén do Atlántico.
Por iso, para moitos dos que gozamos das augas do encoro, da súa pesca, da súa paisaxe, ou navegando no Catamarán atopámonos con sentimentos contraditorios: marabillarnos ante esta paisaxe natural que creou o encoro pero sempre coa mesma pregunta, a que prezo?.
Descubrín a nosa Atlántida Galega a través da web de Secundino Lorenzo, que sen ser natural do lugar (pero "Veciño de Corazón"), fai do seu esforzo, o empeño de recordarnos que houbo unha Alberguería que desapareceu fisicamente pero que nunca morreu nos corazóns das súas xentes. Secundino nola feito revivir como era a vida cotiá dos seus veciños, os últimos días do pobo, a tristeza do abandono e o desterro ? Pero coa súa investigación diaria, con correspondentes desde Bos Aires (Lily), Galicia (Ovidio Prada, Tiberio) e moitos colaboradores, .. entre eles quero destacar as achegas de Santi Palmeriro (máis abaixo teneis una mostra) e aquí un vídeo de Santa Cristina, o pobo do seu pai. Entre todos conséguese que ALBERGUERIA siga viva
O 19/11/07 estreouse, no Festival de Cine de Ourense, o documental: Xares, o rio que nos leva, dirixido por Pedro Prada, que recolle a memoria histórica dos habitantes de Alberguería que viviron o momento de abandonar o seu pobo por mor da construción do encoro. Alberguería é o "exemplo" do que ocurrío en moitos pobos, durante a ditadura franquista.
No momento do "aniversario" dos 50 anos da construción do encoro, os habitantes de Albergueria crearon a Asociación Cultural Albergueria Olerios (A.C.A.O) , cuxos principais obxectivos son: o mantemento da memoria de Alberguería, lugar xeográfico e conxunto de familías que ata 1958 residiron ou con anterioridade residiran naquel lugar do municipio da Veiga (Ourense) e a transmisión ás novas xeracións do patrimonio cultural por vía oral ou escrita, de canto contribúa ao recordo de Alberguería, incluído o barrio de Oleiros e a orde militar de Malta que dió orixe ao pobo.
Desde esta web nosos mellores desexos, longa vida e que se cumpran os vosos obxectivos.
Alberguería está nun chairo, domina un claro do río... Vídeo dá TVG
Vídeo do Catamarán Sta Mª de Albergueria
María Prada, veciña de Alberguería en La Región
Os Vídeos de Albergueria na Web
Albergueria, 50 anos baixos as augas do rio Xares
Video Promocional: Xares, o río que nos leva
Dirección de Pedro Prada